martes, 12 de maio de 2015

Doantes nas aulas


A Escola do Faro na súa edición de hoxe recolle a charla  que foi impartida a semana pasada para os alumnos de 3º e 4º de ESO, na que se tratou o interesantísimo tema da doación de órganos.



martes, 5 de maio de 2015

Vivindo a música clásica

O pasado 12 de marzo, dentro do programa "Quedamos no Palco" ofrecido por Afundación Abanca con motivo do concerto conmemorativo do centenario da Sociedade Filarmónica de Vigo, un grupo de alumnas do noso colexio, acompañadas por unha mestra, acudiron ao Teatro Afundación (Policarpo Sanz, Vigo) para asistir ás 20,30 horas ao concerto protagonizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida polo mestre ruso Dima Slobodeniouk. A orquesta interpretou para o ocasión o "Concerto para percusión de orquestra" de Kalevi Aho -co percusionista escocés Colin Currie- e a "Sinfonía nº 5 en si bemol maior, op.100" de Sergéi Prokófiev.


Alumnas de 3º e 4º de ESO momentos antes de comezar o concerto

Tamén un grupo de alumnos de 2º de ESO tiveron a oportunidade de disfrutar desta experiencia, nesta ocasión o pasado 9 de abril.
A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida para a ocasión polo mestre mallorquín Antonio Méndez, e coa flautista norteamericana Claudia Walkerque como solista, interpretaron un repertorio que  incluíu as obras "Convergencias" de Juan José Colomer, "Concerto para flauta" de Carl Nielsen, e a "Sinfonía nº 5" de Jean Sibelius.
Os alumnos de 2º de ESO disfrutaron deste excelente concerto

Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora e gratificante para achegarse ao mundo da música clásica.

Achegándonos á cultura irlandesa


Dende o mes de xaneiro o noso centro conta co apoio dun profesor nativo en todas as etapas educativas, dende Educación Infantil á ESO. Donnacha é o nome deste irlandés que ,dende o principio, amosa  grande interese en achegarlles aos alumnos todo o relacionado coa cultura irlandesa: expresións idiomáticas, tradicións e costumes.

Fermosa paisaxe na cidade irlandesa de Killarney



Trevo, símbolo de Irlanda
Entre as máis interesantes destacan as sesións que lle adicou ao Día de San Patricio (St Patrick's Day). A través de vídeos e presentacións descubrimos como se celebra esta  festa cada 17 de marzo,  non só en Irlanda senón tamén en diferentes países como o Reino Unido, Australia, Estados Unidos ou  Nova Zelanda,  Entre os festexos máis típicos desta data están os  multitudinarios desfiles nas rúas, onde a xente se viste de verde levando o símbolo do país: O "shamrock"  (trevo de tres follas), baila ao ritmo da música celta e por suposto bebe Guinness. 
Cervexa negra do tipo "stout" elaborada dende 1759