mércores, 12 de novembro de 2014

TRAUM

Halloween xa está aquí! Estades listos para unha TRAUMática experiencia?

Os alumnos de secundaria tiveron a oportunidade de ver a curtametraxe “ Traum”, dirixida e protagonizada por Ross Pirsig e Francisco Reyes.


 “Traum”, termo alemán cuxo significado é “soño”, trata o tema dos pesadelos, concretamente narra un tenebroso soño, onde unha pantasma consegue sobresaltar tanto o protagonista como os espectadores, deixándoos sen folgo.
Algúns dos grupos foron gravados durante a emisión da curtametraxe e as reaccións foron de agardar. Asimesmo, pedíuselles, como actividade para a clase de inglés, que escribisen as súas impresións para enviarllas a Ross Pirsig por correo electrónico. Resulta que che son afortunados estes rapaces e axiña recibirán a súa resposta. Agardámola con ilusión e desexamos recuperarnos axiña desta TRAUMática experiencia, mwuahahahaha……..

Ross Pirsig, director e protagonista de Traum.


REACCIÓNS  DOS ALUMNOS EN:  http://possumusenglish.blogspot.com.es/  












xoves, 2 de outubro de 2014

luns, 30 de xuño de 2014

ENCONTROS LITERARIOS CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

A mañá do luns 16 de xuño de 2014 estivo chea de emoción, sentimento ao redor da palabra poética, narrada e sentida por parte de dous dos escritores máis salientables do actual panorama da LIX galega: Antonio García Teijeiro e An Alfaya.
O primeiro dos encontros foi con 2º da ESO no que os alumnos compartiron con Antonio poemas de "Na fogueira dos versos" (Xerais) ,poemario que leva xa dous anos acompañándoos e que forma parte de si. Os alumnos leron , recitaron, cantaron e contaxiaron a maxia poética.
Tamén nese mesmo encontro os alumnos compartiron con A.G.T. as súas impresións sobre a lectura do libro : "Os peixes de cores", traballado durante todo o ano nas sesións de libro- fórum. Libro de referencia se falamos do autocoñecemento humano. Trátase dunha viaxe iniciática cara ao interior do ser humano. Aquilo que o autentifica como persoa e o relaciona co medio que o rodea. Aprenderon o verdadeiro valor da amizade, moitas veces devalorada, tamén o da xustiza (O home de Nebraska). Foron conscientes de que a guerra supón o fracaso máis grande da humanidade, pero que cada un de nós ten que loitar por acadar os seus peixes de cores.


domingo, 29 de xuño de 2014

ENCONTRO DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO CON 4º DA ESO


O encontro cos alumnos de 4º da ESO, con Antonio García Teijeiro foi moi especial, pois as emocións estaban a flor de pel xa que significaba tamén unha despedida dos alumnos que, na maioría dos casos, levan xuntos compartindo momentos dende os tres anos (a súa etapa infantil) ata a súa adolescencia (4º ESO).
 Ao longo deste curso académico os alumnos de secundaria do Colexio Possumus contaron con obradoiros semanais de creación literaria, sobre todo poética ao carón do seu mestre-poeta AGT. Nesas sesións os alumnos educaron a súa sensibilidade poética ao tempo que reflexionaron sobre o feito da creación coma un xeito de "necesidade vital" onde un se pode baleirar. Ao longo destes meses gozaron coa palabra poética de varios autores pero sobre todo dos trobados polo gran trobador de todos os tempos, Paco Ibáñez. Os alumnos escoitaron, sentiron, recitaron, crearon e cantaron os versos de : Lorca, Alberti, Antonio Machado, Juan Ramón Jiménez, Nicolás Guillén, César Vallejo, Alfonsina Storni, Pablo Neruda e Rubén Darío entre outros moitos referentes literarios.
Toda unha marabillosa experiencia que foi depositando en cada un deles o pouso sereno do verso que reivindica xustiza, liberdade, igualdade e solidariedade; en definitiva, un mundo mellor, máis plural onde a diferenza sume pero nunca reste.

ENCONTRO CON AN ALFAYA NO COLEXIO POSSUMUS

O día 16 de xuño a biblioteca do Colexio Possumus acolleu a escritora An Alfaya que veu falar do seu libro "O recendo das clementinas" (Edelvives) para o curso de 1º da ESO.
O encontro foi un verdadeiro pracer para os alumnos e alumnas que puideron ter en carne e óso a An Alfaya contando anécdotas e detalles curiosos do libro que traballaron ao longo deste ano.
Ademais, tiveron a oportunidade de facerlle preguntas á escritora que asinou os libros dos nenos e nenas.
Este encontro, emotivo e máxico,deixounos un bo sabor de boca e un recendo a clementinas.


venres, 27 de xuño de 2014

Excursión Fin de Curso: O Grove

Coma todos os anos, chegado o primeiro venres de xuño, organizamos a Excursión de Fin de Curso. Nesta ocasión a meteoroloxía non estivo do  noso lado e obrigounos a pospoñela para o venres seguinte, unha boa idea xa que tivemos un día radiante  e soleado.
Nesta ocasión visitamos O Grove e A Lanzada, fixemos unha pequena ruta de sendeirismo cara ao mirador de A Siradella e gozamos dun espléndido día na Praia Area das Pipas.
Durante todo o percorrido os alumnos foron recollendo información para cumprimentar unha ficha de campo que posteriormente foi corrixida na aula.

Preme no seguinte video para ver o ben que o pasamos!!

luns, 23 de xuño de 2014

SAÍDA Á FUNDACIÓN LAXEIRO



O pasado mércores 30 de abril os alumnos de 1º e 3º de ESO visitaron o Museo das Artes para coñecer parte da obra do pintor galego Laxeiro.
Grazas ás amenas explicacións da guía coñeceron datos relevantes da vida do artista, axudándolles, deste xeito, a entender mellor a súa obra.
Asimesmo os alumnos crearon varios murais nos que plasmaron temas recorrentes nos cadros do pintor.




mércores, 4 de xuño de 2014

A evolución histórica das TIC

Baixo as siglas TIC ( Tecnoloxías da Información e a Comunicación) recóllense todas aquelas ferramentas tecnolóxicas que, dende hai xa ben tempo, facilitan a comunicación entre os individuos.
A súa evolución recollérona os alumnos de 4º ESO en diversas liñas de tempo.
-Wendy Carrillo e Raquel Silva.
-Macarena Martín e Nerea García
-Rubén García e Lara López 
-Xoel Hermida e Aarón Álvarez
-Juan López e Sheila Gallardo
-Pedro e Andrea
-Manuel Couto e Iago Freire
-Irene Martínez y Jacobo García

venres, 23 de maio de 2014

Medio ambiente/ Environnement

La pollution est un problème très grave aujourd'hui.
Les élèves de 4ème année de l'Eso, sensibles à ce phénomène de l'environnement, ont réalisé plusiers projets sur ce sujet en galitien et en français.
Un message s'impose: luttons contre la pollution et soyons plus écolos. 



luns, 19 de maio de 2014

Rosalía de Castro

Seguindo coa celebración das Letras Galegas, os alumnos de 4º de ESO quixeron facer unha homenaxe  á poeta máis importante da Cultura Galega.
Esta celebración ten a súa orixe na  publicación da primeira edición de "Cantares Gallegos " o 17 de maio de 1863.
Jacobo García Penelas é o autor do retrato de Rosalía empregado como base do cartel.

venres, 16 de maio de 2014

Dia das Letras Galegas

Con motivo da celebración mañá do Día das Letras Galegas, que este ano conmemora a figura de Xosé Mª Díaz Castro, os alumnos de 4º de ESO fixeron un cartel coa aplicación Thinglink.
Nel enlazaron vídeos de Youtube e presentacións de diapositivas, unhas  feitas con Impress e subidas a internet con Slideshare e outras  feitas con   Google Drive.
Utilizaron como imaxe base  un retrato de Xosé Mª feito por Wendy Carrillo Alvarado.

xoves, 15 de maio de 2014

Día das Letras Galegas 2014


Con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2014, todos traballastes durante dúas semanas recompilando información sobre a vida, a obra e as peculiaridades profesionais de Xosé Mª Díaz Castro. Agora ides demostrar o que aprendestes a través deste sinxelo cuestionario. Escolle o cuestionario correspondente ao teu curso, e non esquezas poñer o teu nome completo. Ánimo!
CUESTIONARIO 1º ESO
CUESTIONARIO 2º ESO
CUESTIONARIO 3ºESO
CUESTIONARIO 4º ESO

mércores, 14 de maio de 2014

ENCONTRO CON DAVID FERNÁNDEZ SIFRES

O 20 de febreiro de 2014 tivo lugar o encontro con David Fernández Sifres, o autor do libro "El faro de la mujer ausente" na biblioteca do Colexio Possumus. Este libro conta a historia dun rapaz español de 16 anos chamado Hugo que viaxa a Francia a aprender o idioma e sobre a cultura grazas a gañar un concurso de radio. Viaxa a unha cidade onde tivo lugar o Desembarco de Normandía na Segunda Guerra Mundial e, coa axuda de catro compañeiros intenta solventar un misterio relacionado co desembarco.
Os alumnos esperaban impacientemente a David. Cando entrou na biblioteca recitáronlle o poema "En el mundo de los libros" de Juan Carlos Martín Ramos e lle cantaron a canción "Knocking on Heaven's Door" de Bob Dylan. Ambas intervencións lle gusaron moito. O encontro continúa mentres el contaba de onde sacaba as ideas para o seu libro e a súa estancia en Francia. Logo puxo un vídeo sobre o Desembarco de Normandía que os alumnos non esquecerán por canta xente morreu en tan pouco tempo. Máis tarde, os alumnos lle adicaban cartas feitas por eles e poemas escollidos ou  propios. O encontro rematou coa canción "No dudaría" de Antonio Flores, que resultou ser unha das súas favoritas. Finalmente adicounos os libros.
Por Miguel González Baamonde.

ENCONTRO CON JUAN CARLOS MARTÍN RAMOS

O encontro foi o día 24 de xaneiro de 2014. Foi impresionante, foi divertido e sobre todo foi poético. Ese día foi especial porque estiveron dous poetas no colexio (Juan Carlos Martín Ramos e Antonio García Teijeiro). Os alumnos que tiveron a sorte de asistir foron 2º e 4º da ESO que compartiron tanto con Antonio e Juan Carlos coma coa súa muller Lurdes poemas de "La alfombra mágica", "Canciones y palabras de otro cantar", "Poemamundi" e tamén de "Na fogueira dos versos". Houbo música, monicreques, poesía pero sobre todo emoción. Velaquí un dos poemas pertencentes a "La alfombra mágica":

ES DECIR

"Es decir...",
dijo el profesor,
y nadie prestó atención.

"Es decir...",
dijo el sabio,
y no le hicieron caso.

"Es decir...",
dijo el poeta,
y se oyó una pedorreta.

"Así son las cosas",
dijo alguien que pasó.
Y, desde entonces, las cosas
no se sabe como son.






luns, 7 de abril de 2014

Destilando esencias

Os alumnos de 3º de ESO participaron nun obradoiro no que destilaron una auga floral de lavanda. Esta actividade enmárcase dentro das propostas polo Concello de Vigo en  conmemoración do mes da Ciencia en Galego.


martes, 1 de abril de 2014

VISITA DE CHANO DOMÍNGUEZ

O xoves 5 de decembro os alumnos do colexio Possumus tiveron a oportunidade de coñecer a Chano Domínguez. 
O encontro tivo lugar no ximnasio do colexio. Alí, Chano compartiu con todos as súas experiencias deportivas que o levaron, a base de moito esforzo, a conseguir o nivel máis alto gañando as correspondentes medallas.
Os alumnos axiña empatizaron con el e amosaron as súas inquietudes en forma de preguntas, comentarios e tamén poemas.
Creouse un ambiente tan natural e familiar que os alumnos lle recitaron "El mar, la mar" de Rafael Alberti como homenaxe ao seu nacemento en Cádiz, e ao seu amor polo mar.

CINE EN GALEGO

Os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron o 14 de novembro á proxección da película "O bosque de levas" baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo. 
Experiencia moi gratificante onde os alumnos tiveron a oportunidade de falar co autor do libro (no que se baseou o filme) e aclarar así calquera dúbida ao respecto.

mércores, 26 de marzo de 2014

O Entroido



O pregón
Benvidos un ano máis
ao entroido do colexio Possumus!!
A continuación imos ler o noso pregón
agardamos que vos guste e vos cause sensación.
Silencio e escoitade con arroubo e atención. 
Benvidos un ano máis
a este mundo de circo
nunca mellor dito 
Falamos dende este patio do colexio
ao carón dun monecreque que vai ser queimado
para iniciar unha protesta
en nome do pobo, que foi ultraxado.
Prestade atención
a este pregón que nós
os alumnos de 4º da ESO
fixemos para vós. 
Xa estamos fartos
de tanta corrupción
de tanto insolente
que rouba as pensións.
Fartos de que ignoren
a razón, o sacrificio,
o sentimento e que
 quedemos como sombras
tiradas na escuridade.
O presidente á primeira vista,
un líder aclamado,
á segunda e á terceira,
só é corrupto e desalmado. 
Se estamos desinformados
e pouco interesados:
como conseguiremos nun futuro
un mundo que estea mellorado ? 
Vivimos nun país
onde só fan roubar
e nin sequera
te podes laiar.
Temos que seguir loitando
polos nosos dereitos
pola nosa igualdade
Por un mundo se ningunha maldade.
E cando…
A clase obreira non ten clase
A clase media non ten medios
 e a clase alta non ten clase.
     Que estamos facendo?
E como dicía
Blas de Otero
e canta Paco Ibáñez
<< me queda la palabra>>
¡ Si, quédanos a palabra !
E nós estaremos aí:
“ Golpe a golpe, verso a verso “
Pero como un amigo noso dixo:
“ Despacito y buena letra
el hacer las cosas bien
importa más que el hacerlas “ 
Esperemos que vos agradase
o pregón deste ano,
que vos gustase
e non fose en van.
O meco está a piques de se queimar
mirade con atención
e gozade desta tradición.
Grazas a todas aquelas
persoas que fixeron posible
un ano máis de clase :
aos mestres e mestras
á ANPA e sobre todo
ás palabras de inspiración
nas mans dos nosos poetas.

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Os alumnos de 2º de ESO fabricamos xabón artesanal


Dentro das actividades que se realizan no centro en colaboración co  Equipo de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo e conmemorando o MES DA CIENCIA EN GALEGO,  os alumnos de 2º de ESO  tivemos un obradoiro de fabricación de xabón.



Como complemento á actividade anterior, na clase de tecnoloxía fixemos unha pequeña caixiña para meter o anaco de xabrón que cada un de nós levou para a súa casa. 
Confeccionámola con  un tetrabrick (dos pequenos), papel de cociña, cola branca e cordel.